Arrancan as obras de humanización na rúa Ramón Puga, en Ourense

OurenseXa
Os traballos ocasionarán diversas restricións de tráfico dende este mércores e ata o 4 de decembro
Imaxe aérea do CHUO
CHUO
13 Nov 2024

A execución de obras de humanización dos pasos de peóns ocasionará restricións de tráfico na rúa Ramón Puga este mércores, 13 de novembro, até o día 4 de decembro, no treito que vai desde a rúa Xosé Cornide até a rotonda de acceso ao Complexo Hospitalario.

Os vehículos que circulen por Ramón Puga procedentes de Barrocás con destino ao centro da cidade deberanse desviar pola rúa Serra San Mamede, agás aqueles que se dirixan ao hospital, ao aparcamento ou a urxencias. Ademais, durante a execución das obras estará prohibido estacionar nas dúas marxes da rúa.

0.19772601127625