Arrancan en Allariz os 'Obradoiros de Contos, Música e Danza en familia'

OurenseXa
As actividades están destinadas ás familias con nenos e nenas de entre 2 e 6 anos, e terán lugar Fogar dos Maiores de Allariz
obradoiros-contos-allariz
12 Out 2024

O Concello de Allariz inicia este sábado unha serie de tres obradoiros titulados 'Contos, música e danza en familia', unha actividade que ten por obxectivo convidar ás familias a compartir actividades como a lectura, o xogo, o canto e o teatro. Desde o Concello explican que a actividade é “un encontro entre familias con ganas de compartir e desfrutar da infancia”.

Os obradoiros están destinados ás familias con nenos e nenas de entre 2 e 6 anos, e terán lugar Fogar dos Maiores de Allariz.

A actividade, que arranca este sábado, continuará os vindeiros 9 de novembro e 14 de decembro de 11.00 a 12.00 horas ou de 12.00 a 13.00 horas, e terá un custo de cinco euros por familia.

As inscricións poderán realizarse por teléfono, a través do 988 554 059 ou do 683 614 691, ou ben por correo electrónico, na dirección fogardosmaiores@allariz.gal.

0.17430782318115