Arrancan os traballos de limpeza e acondicionamento da zona termal do Muíño da Veiga
OurenseXa
A zona estará á disposición das persoas usuarias nos vindeiros días
24 Xuño 2024
O Concello de Ourense realiza desde hoxe, luns 24 de xuño, traballos de limpeza e acondicionamento do espazo termal e de lecer do Muiño da Veiga, coa finalidade que nos próximos días poida estar á disposición das persoas usuarias desta contorna na marxe dereita do río Miño.
Esta zona de baño ao aire libre a pé dun antigo muíño é unha das máis utilizadas polos bañistas, especialmente no verán, ao atoparse a escasos metros do centro da cidade e estar rodeadas dunha ampla zona verde na ribeira do Miño.
O conxunto termal está formado por cinco piscinas con temperaturas que oscilan os 40º, e conta con vestiarios, taquillas e aseos de carcácter gratuito para os usuarios.