Arredor de 150 persoas participan en Ourense no I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora

OurenseXa
A cita pretende recoñecer o potencial e o talento dos novos investigadores e promover a cooperación científica e territorial entre Galicia e o norte de Portugal
congreso-aquaxi-campus-augaa-ourense
Congreso AQUAXI'25
25 Sep 2025

O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, está celebrar esta semana o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (AQUAXI´25), unha cita que ten como obxectivo recoñecer o potencial e o talento dos novos investigadores e que, polo seu carácter transnacional, contribúe á cooperación científica e territorial entre Galicia e o norte de Portugal.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mércores na inauguración, onde destacou o “potencial investigador do Campus de Ourense desde onde se fai investigación de calidade na provincia, exportando coñecemento ao resto dos territorios”, e felicitou aos organizadores deste simposio que, lembra, “emana da mocidade demostrando que o relevo xeracional neste eido está garantido”.

Baixo o título “Novos retos en alimentación, agricultura, medio ambiente e augas termais”, o Congreso afondará en cuestións relacionadas co sector primario e co termalismo, elementos que forman parte da “idiosincrasia do noso territorio”, ademais de ser os focos de especialización deste Campus.

Aquiaxi’25, sinalan dende a UVigo, nace con vocación de continuidade e preséntase como “un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica”.

⚙ Configurar cookies
0.095644950866699