Arredor de 150 persoas participaron na 'II Xornada Interuniversitaria' no campus de Ourense
Arredor de 150 peroas participaron este xoves na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense na 'II Xornada Interuniversitaria', co foco posto nas mulleres maiores que sofren violencia de xénero.
Os obxectivos da iniciativa foron achegar ao alumnado da Universidade de Vigo, e en especial ao da área das ciencias sociais, a realidade das mulleres maiores que sofren violencia de xénero, así como abordar o impacto de dita violencia sobre a saúde bio-psico-social das afectadas e sensibilizar á comunidade universitaria, profesionais e sociedade en xeral sobre a problemática abordada.
Os participantes presentaron diferentes investigación nas que se dá conta desta problemática desde diferentes disciplinas e perspectivas, co fin de contrarrestar a “invisibilización e esquecemento” deste colectivo, así como ser de utilidade para a práctica profesional futura dos estudantes deste grao.