Arredor de 200 deportistas danse cita en Ourense no Campionato de España Absoluto de Halterofilia

OurenseXa
Expourense acolle este sábado o Campionato de España Absoluto de Halterofilia e o Campionato Nacional por Federacións, con máis de 400 asistente de toda España
Federación Galega de Halterofilia
8 Jun 2024

Expourense acolle esta fin de semana o Campionato de España Absoluto de Halterofilia e o Campionato Nacional por Federacións, dous eventos de máximo nivel, organizados pola Real Federación Española de Halterofilia en categoría masculina e feminina, que atraen á cidade de Ourense a máis 400 persoas procedentes de toda España.

Arredor de 200 deportistas de distintas federacións territoriais, entre os que se topan os mellores levantadores do país, danse cita na capital de As Burgas para loitar por conseguir as súas medallas.

A Federación Galega de Halterofilia leva aos equipos masculino e feminino na súa totalidade, con 10 participantes por equipo, para intentar optar tamén a unha posición privilexiada no Campionato Nacional Absoluto por Federacións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20244407653809