Arredor de 400 persoas xuntáronse en Esgos na carreira de montaña e andaina popular San Pedro de Rocas

Esgos acolleu a pasada fin de semana unha nova edición da Carreira de Montaña e Andaina Popular de San Pedro de Rocas, que celebrou este ano o seu décimo sétimo aniversario.
Dos 400 participantes, máis da metade escolleron a modalidade de andaina. Así, das 250 persoas inscritas na camiñada, 130 fixeron o percorrido longo (17 quilómetros) e 120 o percorrido curto (8,5 quilómetros).
O gran éxito acadado nesta nova convocatoria consolida a proba no calendario deportivo da provincia. Ademais, este ano, a carreira formou parte da XLI Copa Deputación e do I Campionato Provincial de Carreiras de Montaña.