As condicións climatolóxicas obrigan a suspender o desfile de Entroidos Tradicionais

OurenseXa
A borrasca "Karlotta" complica o Entroido en Ourense
Entroido_Ourense_Praza_Maior
Praza Maior de Ourense
9 Feb 2024

As condicións climatolóxicas obrigan a suspender unha das actividades incluídas na programación festiva: o desfile de Entroidos tradicionais previsto para hoxe, venres, ás 20.00 horas. Pola súa banda, o desfile escolar organizado polo Concello para hoxe pola mañá levarase a cabo se as condicións climatolóxicas o permiten. O mesmo ocorrerá cos desfiles escolares dos barrios das Lagoas, Covadonga, As Eiroás e O Vinteún.

As restantes actividades do programa do Entroido de Ourense para este venres son:

• Animación das rúas da cidade coas charangas Trópico de Grelos, Tatoo e Os Caliqueños, desde as 20.00h e con Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova Terra de Trives, Noroeste e Mekánika, desde as 00.00h

• Baile coa orquestra Satélites na Praza Maior, que se adianta ás 20.00h. Xusto antes terá lugar o micropregón das festas por parte do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

• Actuación de Festicultores Troupe á 01.00 h en Santa Eufemia.

O tempo obrigou tamén a trasladar á carpa instalada na Praza Maior a sesión de DJs do Xoves de Comadres, a cargo de DJ Marcos, DJ Marcos Gómez, DJ Michenlo, que estaba prevista este xoves na rúa do Progreso.

0.17428398132324