As Festas da Milagrosa requirirán realizar cortes de tráfico en Ourense entre o venres e domingo
OurenseXa
As rúas Alfonso X O Sabio, Nuño de Ousende e Roi Páez experimentarán cortes de tráfico durante a fin de semana polas Festas da Milagrosa
31 Maio 2024
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico das festas do barrio da Milagrosa.
A celebración dos festexos requirirá pechar ao tráfico rodado as rúas Alfonso X O Sabio, Nuño de Ousende e Roi Páez mañá, venres, 31 de maio, desde as 12.00 horas até que rematen as certificacións e dende as 19.00 horas ata o remate das actuacións musicais.
As mesmas 3 rúas pecharán ao tráfico tamén o sábado, 1 e o domingo, 2 de xuño, desde as 12 até as 15.00 horas e desde as 17.00 horas ata o remate dos eventos.