As Festas da Ponte provocarán restricións de tráfico en Ourense a partir deste luns

OurenseXa
As restriccións comezan hoxe, luns 22 de xullo, pola montaxe das atraccións, nas rúas Basilio Álvarez e Eulogio Gómez Franqueira
Policia_Local_Ourense
Policía Local de Ourense
22 Jul 2024

A celebración das Festas da Ponte, que arrancan este mércores, 24 de xullo, obligarán a pechar ao tráfico varias rúas do barrio ourensán. As restricións comezan hoxe, luns 22 de xullo, pola montaxe das atraccións, nas rúas Basilio Álvarez e Eulogio Gómez Franqueira. Ambas rúas permanecerán pechadas ata o domingo, 29 de xullo.

Ademais, a partir do mércores, 24 de xullo, os cortes afectarán tamén ás rúas Vicente Risco e Avenida de Santiago.

Para acceder á estación intermodal, os vehículos procedentes da rúa Pardo de Cela, Ponte do Milenio, A-52, N-120 e N-525 poderán acceder pola rúa Xesús Pousada, mentres que os procedentes da N-536 e Ponte Nova accederán como é habitual pola Avenida de Marín.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18243384361267