As Festas de Ourense provocarán restriccións de tráfico no centro da cidade durante toda a semana
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, desde mañá, mércores 19 de xuño, ata o domingo, 23 de xuño, das Festas de Ourense 2024.
Ademais do Centro Histórico, onde estará o mercado medieval, as actividades programadas requirirán levar a cabo diferentes restricións de tráfico, que afectarán principalmente á contorna do Parque do Barbaña, onde estarán as barracas; a rúa do Progreso na contorna da Alameda, onde se levarán a cabo o pregón, actuacións de orquestras e do grupo Celtas Cortos, e a rúa Pardo de Cela, onde se realizará a Festa de Fin de Curso e a actuación do Combo Dominicano.
Así, entre o mércores e o domingo pecharase o acceso de vehículos ao Paseo Ponte Pedriña desde as rúas Portocarreiro e Fonte do Bispo, pola instalación das barracas festivas. Poderase acceder aos garaxes desde Avilés de Taramancos-Pardo de Cela.
O mércores, 19 de xuño, a partir das 15.30 horas, pecharase ao tráfico a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Praza de Abastos para montar o escenario do pregón das festas, á altura da Alameda. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00 horas
O xoves, 20 de xuño, a partir das 16.00 horas, pecharase a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra Costa Verde. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Poderase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00h.
O venres, 21 de xuño, a partir das 12.00 horas, pecharase a rúa do Progreso entre a glorieta de San Rosendo e a Baixada da Praza de Abastos para montar o escenario do concerto de Celtas Cortos. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 20.00h.
Ademáis, ás 15.00 horas, pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da Festa de Fin de Curso Macro Discoteca Evolution.
O sábado, 22 de xuño, a partir das 14.00 horas, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos, para montar o escenario da orquestra Função Pública. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00 horas.
Pola súa banda, ás 18.00 horas pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da orquestra Combo Dominicano
O domingo, 23 de xuño, a partir das 14.00 horas, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra París de Noia. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00 horas.
Outras restriccións
Ademáis destes cortes, tamén veranse afectadas polas retriccións a parada de taxis da Alamenda, que situarase provisionalmente na rúa Parada Justel durante os días de festa, ou a parada de autobuses da Alameda, que estará situada provisionalmente fronte ao Bispado mentres esté aberto ao tráfico a rúa Parada Justal.
Pola súa banda, desde o Concello lembran que nasa prazas e vías do centro histórico instalarase o Mercado Medieval, polo que estarán pechadas ao tráfico, así como rúa Ponte Pedriña, á que só se poderá acceder pola rúa Avilés de Taramancos até o cambio de sentido.