As Festas de San Francisco arrancan este venres con cortes de tráfico durante toda a fin de semana
OurenseXa
Os cortes afectarán principalmente á rúa Pena Trevinca
4 Out 2024
A celebración das Festas do barrio de San Francisco requirirá realizar restricións de tráfico desde este venres, día 4 de outubro, até o domingo, 6 de outubro.
O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé cortar ao tráfico a rúa Pena Trevinca, desde a confluencia coa estrada da Granxa até a intersección da rúa Coruña coa rúa da Saínza, o venres, 4, desde as 19.00 horas, o sábado, 5, desde as 16.00 h e o domingo, 6, desde a 16.00 h. Nesta zona tamén haberá restricións de tráfico o domingo pola mañá pola celebración da Carreira Solidaria da Garda Civil
As vías de circulación alternativas serán as rúas Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia.