As Festas do Couto serán do 15 ao 19 de maio

OurenseXa
Luar na Lubre dará un concerto o sábado, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas
festas_o_couto
Festas do Couto
7 Apr 2025

O Concello de Ourense organiza as Festas do Couto 2025, que se desenvolverán entre o día 15 e o 19 de maio, con media ducia de actuacións musicais, unha exhibición de drons e a presenza das tradicionais barracas festivas, entre outras propostas para todo tipo de públicos.

O programa prevé a actuación do Combo Dominicano na noite do xoves, Cuarta Calle o venres e a orquestra Cinema a tarde do domingo. O sábado, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar a actuación de Luar na Lubre, que dará un concerto entre as 20.00 e as 21.30 horas. Ademais, tamén o sábado, haberá un gran espectáculo de drons e a orquestra Horizon amenizará a noite. O luns, 19 de maio, será o Día do Neno, coas atraccións das barracas festivas á metade de prezo.

⚙ Configurar cookies
0.16692399978638