As liñas 1, 3 e 33 dos autobuses urbanos de Ourense verán modificados os seus horarios

O Concello de Ourense axustará desde o vindeiro luns, día 30 de xuño, os horarios das liñas de autobuses urbanos número 1: Seixalbo - Quintela / Seixalbo – Santa Cruz, 3: Rairo – Quintela, e 33: Quintela – O Cumial. O obxectivo, di o Concello, é “garantir a puntualidade do servizo”.
O goberno municipal ten previsto levar a cabo cambios nas liñas do servizo de autobuses este verán. Porén, explican, mentres estes non se levan a cabo “é necesario establecer axustes para garantir a puntualidade das rutas destas 3 liñas”.
“Non podemos permitir retrasos que historicamente se estaban producindo no servizo de autobuses simplemente porque os tempos estaban mal calculados. Se os horarios están calculados á baixa, sempre vas chegar tarde”, explica o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Por este motivo, engade, “o que facemos é axustarnos á realidade: fanse horarios reais e iso significa que os autobuses serán puntuais”.
Ademais, con estes cambios, a localidade de Quintela terá un autobús cada 20 minutos.