As luces de Nadal de Ourense acenderanse o 5 de decembro

O Concello de Ourense confirma que acenderá as luces de Nadal o venres, día 5 de decembro, ás 20.00 horas nun acto público que terá lugar na Praza Maior e que terá este ano como protagonistas ás persoas cegas, a través de membros da ONCE. O acto contará tamén cunha actuación musical, a cargo dunha banda tributo que interpretará cancións de Joaquín Sabina.
“Este ano acenderán as luces as persoas que non poden desfrutalas”, explicou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que lembrou que en anteriores o acendido foi realizado por representantes de diferentes colectivos, como as persoas xordas, que foron as encargadas de inaugurar o acendido do ano pasado, ou as con trastorno autista, deportistas e persoas maiores, nos anos anterires. Que sexa a ONCE quen participe é unha invitación á refexión á xenerosidade do ser humano: acenderan as luces para os demais, xa que eles non a poden desfrutar”, sinalou o rexedor.