As mulleres palestinas protagonizan un encontro en Allariz este luns

OurenseXa
Hanan Kaoud, concelleira da cidade de Ramala, abordará a situación que atravesa o pobo palestino e destacando o papel clave das mulleres na defensa dos dereitos humanos
HananKaoud
Hanan Kaoud
10 Nov 2025

O luns 10 de novembro, ás 19:30 horas, o Fogar dos Maiores de Allariz acollerá unha charla titulada “Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas”, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade xunto co apoio do Concello de Allariz, que forma parte desta entidade desde hai tempo.

Nesta sesión intervirá Hanan Kaoud, concelleira da cidade de Ramala, quen explicará a súa experiencia tanto persoal como política, abordando a situación que atravesa o pobo palestino e destacando o papel clave das mulleres na defensa dos dereitos humanos, a resistencia e a construción da paz.

O encontro pretende visibilizar a difícil realidade palestina, denunciar a ocupación e as vulneracións dos dereitos fundamentais, amosar o protagonismo das mulleres na loita social e promover a solidariedade internacional. Tamén busca mostrar o apoio dos concellos galegos á paz e a súa condena da violencia na rexión, así como combater a desinformación e impulsar a axuda humanitaria.

O Concello de Allariz anima á cidadanía a asistir a este acto aberto, que se celebrará no Fogar dos Maiores, para compartir e apoiar esta causa.

⚙ Configurar cookies
0.076037168502808