As obras de canalización e asfaltado na rúa Bedoya provocarán restricións de tráfico ata o 5 de novembro

OurenseXa
Estará permitido o acceso aos garaxes autorizados con licenza de vao
Rúa Bedoya, GisOU
15 Oct 2024

O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, estará pechado ao tráfico rodado ata o día 5 de novembro pola execución de obras de canalización e asfaltado.

Está permitido o acceso aos garaxes autorizados con licenza de vao, con entrada e saída a través da Avenida de Bos Aires (para os garaxes que se atopan antes do número 26/28) e da rúa Emilia Pardo Bazán (para os que se atopan despois).

0.16828083992004