As obras na Avenida das Caldas en 2024 obrigarán a modificar o percorrido da San Martiño

OurenseXa
O percorrido alternativo da carreira, xa que non será nin o anterior nin o novo de 2025, tamén terá 10 quilómetros
La_San_Martiño_2022_incorporará_por_vez_primera_animación_a_lo_largo_de_su_recorri_nCBwzFl
Carreira de San Martiño 2024
19 Maio 2024

As obras que se están a executar nas Avenida das Caldas obrigarán a unha carreira do San Martiño improvisada e non homologada. O percorrido alternativo da carreira, xa que non será nin o anterior nin o novo de 2025, tamén terá 10 quilómetros.

O percorrido da última edición, quinto na historia da San Martiño, leva vixente desde o ano 2002. Para este 2024 a organización tiña previsto que se realizase por última vez. Porén, a execución das obras na Avenida das Caldas (pola que se avanzaba cara ao centro da cidade cruzando o Miño a través da Ponte Vella), fai necesario prever unha ruta alternativa. Así, a carreira de 2024 atravesará As Caldas procedente de Basilio Álvarez e continuará até a Ponte Nova para cruzar o río cara o centro da cidade.

Para o ano 2025, o Concello reunirase coa Federación Galega de Atletismo para propoñerlle un percorrido homologable novo para a carreira ourensá.

0.14441800117493