O 9 de novembro arrancará unha nova fase das obras na Avenida das Caldas

OurenseXa
Cortaranse os últimos dous tramos ata o 20 de decembro
plano-obras-avenida-das-caldas
pPlano das obras na Avenida das Caldas
4 Dec 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas informa que, para desenvolver os traballos de demolición do firme anterior e aplicar o novo aglomerado completo, entre os días 9 e 20 de decembro cortarase ao tráfico rodado os dous tramos da Avenida das Caldas; o de arriba, a carón da Igrexa, e o de abaixo, onde está o Mercado.

Facilitarase o acceso dos residentes aos garaxes e estará permitido o tráfico peonil nas dúas beirarrúas. Tamén estará libre o recorrido pola rúas Basilio Alvarez , Vicente Risco e a Avenida de Santiago por lo que se poderá circular arredor do Parque da Ponte.
As medidas adoptadas están consensuadas cos responsables do Concello; así como salvagardados os servizos esenciais da rúas afectadas.

⚙ Configurar cookies
0.17838501930237