As obras na rúa Doutor Marañón obrigan a cortar o tráfico a partir deste mércores

OurenseXa
A rúa permanecerá pechada ao tráfico ata o vindeiro 19 de xuño
Rúa Doutor Marañón, Ourense
29 Maio 2024

A rúa Doutor Marañón, no centro de Ourense, estará pechada ao tráfico desde mañá, mércores, 29 de maio, até o día 19 de xuño pola execución de obras de arranxo do pavimento da calzada, segundo informan desde o Concello de Ourense.

O Concello de Ourense ten a disposición da cidadanía a plataforma GISou, na que os interesados poden confirmar o estado do tráfico dentro da cidade en tempo real.

 

0.046694993972778