As oficinas municipais do Concello de Ourense pechan este mércores

As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas este mércores 22 de maio pola festividade de Santa Rita, padroa da Administración Local, agás o rexistro municipal (na rúa da Barreira, número 2), e a oficina municipal do barrio da Ponte (na Avenida das Caldas, nos baixos da Alameda da Ponte, local 8C), que abrirán co seu horario habitual, de 8.30 a 14.30 horas.