As 'Redsticks' aterrizan en Ourense antes das Olimpíadas de París

OurenseXa
As 'Redsticks' xogarán dous amistosos contra Francia no campo de Mariñamansa os días 19 e 21 de xuño
Redsticks
17 Xuño 2024

O seleccionador ourensán, Carlos García Cuenca, convoca este luns ás 22 xogadoras do Equipo Nacional Absoluto de Hockey Herba nunha concentración técnica que se levará a cabo en Ourense.

As xogadoras chegarán este luns ao balneario de Laias tras gañar o Hockey Nations en Terrassa e clasificarse para a FIH Pro League 2024-25. A cita servirá de preparación para os Xogos Olímpicos de París 2024.

Durante a concentración, que terá lugar ata o 21 de xuño, as 'Redsticks' xogarán dous amistosos contra Francia os días 19 e 21 de xuño, ás 18.00 horas e ás 11.00 horas respectivamente, ambos no campo de Mariñamansa..

0.25483703613281