As sirenas da Presa de Velle resoarán este mércores na capital ourensá

OurenseXa
A poboación non debe realizar ningunha acción especial cando as oia
Presa de Velle
26 Jun 2024

As probas de sirenas dos plans de emerxencia das presas de San Pedro, Os Peares e Velle, están a ter lugar durante esta semana. Concretamente, durante a xornada deste mércores, a partir das 13.00 horas, levaranse a cabo as probas de sirenas da presa de Velle. O seu son será percibido en diferentes zonas da cidade, mais a poboación non debe realizar ningunha acción especial cando as escoite e poderá continuar normalmente coas súas actividades.

As probas están enmarcadas nos plans de emerxencia das presas hidráulicas que se levan a cabo todos os anos, coa participación de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Xa este martes, 25 de xuño, efectuáronse as probas das presas de San Pedro e Os Peares, que foron audibles principalmente en Velle (A Batundeira e San Mamede) e no Polígono das Coiñás, no Vinteún.

0.15855312347412