As Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira e botan o peche ata primavera

OurenseXa
O Concello xustifica a decisión polas crecidas do río, e pecha ambos espazos dende este mesmo luns
termas-do-muiño
17 Nov 2025

Os usuarios das termas despídense dun dos espazos termais máis utilizados da cidade. As Termas do Muíño da Veiga botan o peche este luns 17 de novembro, e non volverán a abrir ata próxima primavera.

Así o anunciou o Concello a pasada semana, xustificando a decisión por atoparse este espazo termal nunha zona inundable na marxe dereita do río Miño, polo que segundo afirman dende o Goberno de Pérez Jácome, non pode permanecer operativo durante o outono e o inverno a causa das frecuentes crecidas que experimenta o caudal do río, que anega acotío as zonas de baño e impide o seu uso. Así, as termas poñen fin á tempada que este ano comezou en xuño.

As termas gratuítas da Chavaqueira tamén pecharán desde este luns até primavera.

⚙ Configurar cookies
0.076429128646851