Avanzan os trámites para a humanización da Praza de Picoutiños en Noguerió, no concello de Cartelle

OurenseXa
Trátase de acondicionar a praza de Picoutiños para funcionar como área recreativa
Sinatura do convenio entre a Xunta e o Concello de Cartelle para a humanización da Praza de Picoutiños
Sinatura do convenio entre a Xunta e o Concello de Cartelle para a humanización da Praza de Picoutiños
23 Oct 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 12 ofertas de empresas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no Concello de Cartelle.

Trátase de acondicionar a praza de Picoutiños para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social e tratando de convertela nun lugar apracible para os veciños, o que redundará na mellora da calidade de vida da poboación.

A intervención, licitada por case 96.000 euros enmárcase nun convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello de Cartelle, que achegará o 30% restante, sumando así un orzamento global de 110.000 euros.

Esta actuación acométese ao abeiro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

0.16728901863098