Baños de Molgas acollerá unha xornada gratuíta de cachibol para todos os públicos

Baños de Molgas celebrará este mércores 30 de xullo unha actividade gratuíta de cachibol, que terá lugar nas canchas municipais de 18:00 a 19:30 horas. A iniciativa, organizada pola Federación Galega de Voleibol, a Deputación de Ourense e o Concello de Baños de Molgas, está aberta a todas as idades e non require experiencia previa.
As persoas participantes poderán gozar dunha sesión deste deporte nun ambiente distendido, sen presión competitiva e co obxectivo de fomentar a actividade física e a diversión en grupo. Ademais, todas as persoas inscritas recibirán unha camiseta de agasallo.
O equipo local de cachibol, que xa está en funcionamento, busca incorporar novos xogadores e xogadoras para ampliar a familia deportiva. Esta actividade supón unha oportunidade para quen queira iniciarse no deporte e pasar un tempo agradable mantendo a actividade física.
Desde a organización animan á cidadanía a aproveitar esta xornada e sumarse á práctica do cachibol en Baños de Molgas.