Baños de Molgas impulsa un bono taxi social para facilitar a mobilidade dos colectivos vulnerables

OurenseXa
A iniciativa consiste nun apoio económico dotado con 100 euros por persoa que pretende garantir que maiores, menores e persoas con discapacidade poidan acudir sen dificultades ás súas citas médicas
bono-taxi-baños-de-molgas
Actualizada el 8 diciembre 2025, 09:33 horas
7 Dec 2025

A finais do pasado mes de novembro, a Xunta de Goberno do Concello de Baños de Molgas aprobou o Bono Taxi Social, un apoio municipal de 100 euros dirixido a persoas maiores, menores e persoas con discapacidade. Este bono está pensado para garantir que poidan acudir sen dificultades ás súas citas médicas e ás actividades municipais, evitando así a dependencia doutros medios de transporte.

Desde o Concello destacan que esta medida é “un paso máis no compromiso do Goberno Local para facer de Baños de Molgas un municipio máis accesible, máis humano e máis próximo ás necesidades reais da súa xente”.

⚙ Configurar cookies
0.080307960510254