Baños de Molgas mellorará a eficiencia enerxética da Casa do Concello

O Concello de Baños de Molgas vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, destinada á mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello, cun custe total de 147.754 euros.
A actuación permitirá modernizar o edificio consistorial, reducir o consumo enerxético e mellorar o confort das instalacións, contribuíndo a un concello máis eficiente, moderno e respectuoso co medio ambiente.
Con esta iniciativa, sinala dende o Concello, Baños de Molgas continúa co seu compromiso de mellorar as infraestruturas municipais e avanzar cara a un modelo máis sostible.