Baños de Molgas moderniza o subministro de auga en Brandín e San Pedro

OurenseXa
A actuación conta cunha inversión total de 44.998 euros e beneficiará a 16 núcleos e 160 fogares do municipio
casa-do-concello-de-baños-de-molgas
23 Feb 2026

O Concello de Baños de Molgas, grazas a unha subvención de Augas de Galicia da Xunta de Galicia, está a levar a cabo a modernización dos sectores de Brandín e San Pedro, beneficiando a 16 núcleos e 160 fogares.

A actuación, cun orzamento total de 44.998,46 euros, consiste na substitución dos contadores analóxicos por modernos sistemas de telelectura, que permitirán consultar os consumos en tempo real, recibir avisos de fugas ou consumos excesivos, e mellorar a eficiencia, o aforro e a sustentabilidade do servizo de auga.

Este proxecto piloto servirá como modelo para futuras melloras na rede municipal de abastecemento, contribuíndo a unha xestión máis moderna e sostible do subministro de auga no municipio.

0.09160304069519