Baños de Molgas súmase á campaña solidaria de recollida de alimentos para este Nadal

OurenseXa
O recadado irá destinado ao Banco de Alimentos de Ourense
campaña-alimentos-nadal-baños-de-molgas
21 Nov 2025

Un ano máis, o Concello de Baños de Molgas, en colaboración con Protección Civil local e o Banco de Alimentos de Ourense, pon en marcha a campaña solidaria de recollida de alimentos para estas festas.

A veciñanza pode colaborar achegando produtos non perecedoiros no punto de recollida sinalizado, coa intención de apoiar ás familias que máis o precisan e que ningunha quede atrás neste Nadal.

Desde o Concello lembran que “a solidariedade é o mellor agasallo que podemos compartir”.

⚙ Configurar cookies
0.076570987701416