Barbadás abre o prazo para anotarse aos campamentos de Nadal
OurenseXa
A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade
19 Nov 2024
A Concellería de Educación do Concello de Barbadás pon en marcha un ano máis o Campamento de Nadal. A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade e ten como obxectivo facilitar a conciliación entre as familias do municipio.
O campamento desenvolverase os días 26 e 27 de decembro de 2024 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025 en horario de 9.00 a 14.00 horas no Espazo Infantil situado no Parque da Solaina, na Valenzá. A actividade inclúe unha excursión o 7 de xaneiro ao Museo Galego do Xoguete en Allariz
O campamento será de balde e o prazo de inscrición estará habilitado ata o 29 de novembro de 2024.