Barbadás aproba unha nova ordenanza para cubrir os custos dos servizos de emerxencias de Protección Civil

OurenseXa
Desde o Concello insisten en que o servizo seguirá sendo gratuíto para a cidadanía
Pleno do concello de Barbadás
Pleno do Concello de Barbadás
4 Jun 2025

O pleno do Concello de Barbadás aprobou unha ordenanza reguladora de taxas pola prestación de servizos en situacións de emerxencia, unha tarefa que asume Protección Civil ao non contar con un parque de bombeiros no municipio.

A agrupación leva a cabo labores de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construcións e derrubes, salvamentos, atención a accidentes viarios e protección de persoas e bens, ademais da elaboración de atestados e informes derivados das intervencións. Ata 2015, Protección Civil cobraba ás aseguradoras polos seus servizos, pero o sistema mudou cando o Concello asumiu os gastos.

O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, puxo sobre a mesa a importancia de cubrir o custo exacto destas intervencións e puxo en valor o traballo realizado pola agrupación de Barbadás. Nese sentido, insistiu en que o servizo de Protección Civil continuará sendo gratuíto para a veciñanza.

A ordenanza foi aprobada cos votos a favor do PSdeG, DO, Partido Galego e PP, e cos votos en contra do BNG.

⚙ Configurar cookies
0.20741486549377