Barbadás bate récords de poboación

Barbadás alcanzou en 2024 a súa maior cifra de poboación dende que hai rexistros, segundo os datos do INE. O concello rexistrou 11.176 habitantes, 36 máis que en 2023, o seu mellor censo na historia.
Segundo os datos do INE, foi no 2019 cando Barbadás superou por primeira vez a barreira dos 11.000 habitantes e o concello volveu experimentar durante o 2023 un destacado crecemento. Respecto ao 2022, a cifra de residentes aumentou en máis dun cento. Se botamos a vista máis atrás, e tomando como referencia as cifras do 2013, o concello gañou preto dun milleiro de habitantes.