Barbadás convoca axudas para persoas celíacas ou con intolerancia á lactosa

O Concello de Barbadás acaba de abrir o prazo para solicitar as axudas dirixidas a persoas celíacas ou con intolerancia á lactosa. Esta iniciativa, que leva máis de 10 anos en marcha, é a única deste tipo en Galicia e busca aliviar o impacto dos altos prezos dos produtos sen glute e sen lactosa.
O importe máximo da axuda por solicitante é de 400 euros. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude ata o 12 de agosto a través da sede electrónica do Concello.
Estas axudas pretenden facilitar o acceso a unha alimentación adecuada para quen sofre estas intolerancias, mellorando así a súa calidade de vida.