Barbadás inaugura o novo local social de Sobrado do Bispo tras unha remodelación integran do espazo

O Concello de Barbadás inauguru ofialmente esta fin de semana o novo local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa, tras completarse fai poucas semanas a instalación dunha solera ventilada, que pechou a segunda fase das obras de rehabilitación deste edificio histórico, antiga escola da localidade. A actuación, valorada en preto de 30.000 euros, eleva o investimento total do Concello de Barbadás a máis de 180.000 euros.
Con esta instalación culminou a restauración integral e a revitalización dun edificio singular que apenas se utilizaba ata agora, permitindo darlle un uso máis amplo ao espazo, que ata o de agora só servía como local electoral e de ensaio, ampliando a súa función educativa, social e cultural.
A primeira fase, rematada a finais de xullo, incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura de soporte, o cambio das carpintarías, a instalación de illamento nas fachadas e a modernización da fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación, cun investimento de 151.957 euros.
A rehabilitación deste lugar permitirá que as asociacións culturais e comunitarias de Sobrado enchen de actividade un edificio tan emblemático, que data de 1920.