Barbadás instala un novidoso sistema para evitar avarías na rede de saneamento e na luminaria

OurenseXa
As actuacións, valoradas en máis de 9.000 euros, leváronse a cabo na zona da Valenzá
traballos-a-valenza
16 Apr 2025

O Concello de Barbadás rematou esta semana a instalación dun novidoso sistema para evitar avarías na rede de saneamento e na iluminación da Valenzá

A intervención, valorada en 9.516,65 euros, consistiu na colocación dunha manga de material impermeable nos pozos situados na confluencia entre rúa do Fondo, Guerrera e avenida de Celanova. Desta forma, preténdese minimizar o risco de novas avarías e evitar así unha actuación de maior calado e custo. "É un método que minimiza o risco de novas avarías ao mesmo tempo que evita facer unha obra de maior calado e máis custosa", sinala Victoria Morenza, tenente alcalde

O estado dos pozos, explican dende o Concello, provocaba avarías constantes na rede e incluso no subministro eléctrico de acometidas particulares e da iluminación pública.

⚙ Configurar cookies
0.15732598304749