Barbadás mellora as zonas verdes da Valenzá

OurenseXa
O Concello acometeu actuacións de mellora na isleta da rúa Viso e no acceso desde a avenida de Celanova ao Camiño da Igrexa
zonas-verdes-a-valenza
11 May 2025

O Concello de Barbadás vén de completar unha actuación de mellora paisaxística en dúas zonas verdes da Valenzá, concretamente na isleta da rúa Viso e no acceso desde a avenida de Celanova ao Camiño da Igrexa. Ambas localizacións presentan agora un novo aspecto máis coidado e atractivo para os veciños e visitantes, segundo explican dende o Concello.

A intervención consistiu na retirada de pedras que ocupaban as zonas, a instalación de céspede artificial e a plantación de novas especies vexetais, co obxectivo de revitalizar estes espazos públicos.

“Eran dúas zonas que presentaban un estado deteriorado, sen moita vida, e quixemos embelecelas”, sinalou Victoria Morenza, tenente de alcalde e concelleira de Parques e Xardíns, quen destacou o compromiso do goberno local coa mellora continua dos espazos verdes do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.10515999794006