Barbadás modificará o PXOM para axustalo á normativa urbanística vixente

OurenseXa
Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende sentar as bases dun modelo urbanístico máis equilibrado, transparente e adaptado ás necesidades do municipio
Pleno Ordinario do Concello de Barbadás, setembro de 2024
Pleno do Concello de Barbadás
4 Feb 2025

O goberno local de Barbadás iniciará este ano os traballos para adaptar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á normativa urbanística actual, un paso previo á súa posterior modificación. Así o anunciaron hoxe na sesión plenaria municipal a tenente de alcalde e portavoz, Victoria Morenza, e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

O anuncio realizouse no transcurso do debate dunha moción presentada polo PP, na que se propoñía a creación dunha oficina de asesoramento en materia de vivenda cun custo anual de 8.000 euros. A proposta foi rexeitada polo resto de grupos municipais.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que a adaptación do PXOM é unha "necesidade urxente para corrixir erros e abusos do pasado, sempre que sexa posible, pero sobre todo representa unha oportunidade para planificar o Barbadás do futuro". Neste sentido, insistiu na importancia de garantir a participación cidadá no proceso e de evitar calquera tipo de presión externa.

Pola súa banda, Victoria Morenza subliñou que a decisión de modificar o PXOM responde á demanda de diferentes colectivos cidadáns e representantes sociais, que consideran necesaria unha actualización acorde coa realidade actual. "Desde o Concello somos conscientes da inquedanza existente e asumimos o compromiso de traballar con e para a veciñanza, adaptando o plan urbanístico para beneficiar a todos os habitantes de Barbadás", afirmou.

Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende sentar as bases dun modelo urbanístico máis equilibrado, transparente e adaptado ás necesidades do municipio.

Tú dijiste:
0.1714870929718