Barbadás organiza a terceira edición da Carreira pola Igualdade

OurenseXa
Será o 15 de marzo de 2026 e, como nas edicións anteriores, a proba espera ser un evento inclusivo e aberto a toda a sociedade
carreira-pola-igualdade-barbadas-2025
II Carreira pola Igualdade de Barbadás
2 Oct 2025

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade e coa colaboración da Concellería de Deportes, confirmou a data oficial para a III Carreira pola Igualdade, que se celebrará o 15 de marzo de 2026.

A falta de coñecer máis detalles sobre a proba, a edición deste ano espera acadar o gran éxito das dúas edicións anteriores, abertas a toda a cidadanía sen importar a idade nin as condicións físicas. O ano pasado, o percorrido de 5 quilómetros polas rúas da Valenzá reuniu a centos de participantes e rematou cun sorteo de máis dunha vintena de agasallos entre as persoas inscritas.

O carácter inclusivo do evento permite que todas as persoas poidan participar non só correndo, senón tamén camiñando, en cadeira de rodas, con andador, bicicleta, patíns ou patinete, fomentando así a práctica deportiva e a convivencia entre veciños.

⚙ Configurar cookies
0.10022401809692