Barbadás organiza un campamento de inglés para nenos e nenas

O Concello de Barbadás organiza entre o 23 e o 30 de xuño o ‘English Urban Camp’, un campamento de inglés dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos que se desenvolverá en horario de 9.00 a 14.00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina.
O prazo de inscrición estará aberto dende este luns ata o vindeiro 30 de maio tanto de forma presencial no rexistro do Concello (oficinas da Valenzá), ou por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Barbadás.
As listaxes provisionais publicaranse o 5 de xuño na mesma web do Concello. Os interesados e interesadas en inscribir aos seus fillos poderán facelo a través da dirección educacion@barbadas.es.