Barbadás pide á veciñanza limitar o uso de auga ata a reposición total da subministración eléctrica
OurenseXa
Explican que aínda hai estacións de bombeo sen luz

29 Apr 2025
O Concello de Barbadás avisa de que a empresa Viaqua recomenda o uso limitado de auga en todo o Concello de Barbadás ata a reposición total da subministración eléctrica.
Nestes momentos, explican, aínda hai estacións de bombeo sen luz, polo que o consumo de auga debe ser reducido para evitar o baleirado dos depósitos.