Barbadás pon en marcha unha campaña de concienciación sobre o uso de toalliñas húmidas

OurenseXa
Cada ano, máis de 24 toneladas deste produto rematan na rede de saneamento de Barbadás
barbadas-toalliñas-campaña
31 Mar 2025

O Concello de Barbadás pon en marcha unha campaña de concienciación sobre o uso de toalliñas húmidas entre a veciñanza.

Lembran que cada ano, máis de 24 toneladas deste produto rematan na rede de saneamento de Barbadás, provocan graves avarías, atascos nos aliviadoiros, roturas de tubaxes e mesmo saen ao exterior ao levantar as tapas das arquetas. Así, as toalliñas rematan en ríos e mares, onde danan perigosamente a fauna e a flora.

Con esta campaña, o Concello pretende fomentar o uso responsable destes produtos sanitarios entre os veciños e veciños que, insisten, no deben ser tiradas ao váter ao fin de evitar avarías na rede de saneamento e, sobre todo, para evitar contaminar o medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.51409816741943