Barbadás prepara un Campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos

O Concello de Barbadás pon en marcha, un ano máis, un Campamento de Nadal pensado para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.
O campamento ofrecerá actividades variadas, momentos de diversión e sorpresas para os máis pequenos durante todos os días que dure a iniciativa. Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán participar en obradoiros de manualidades e cociña navideña, ademais de gozar dunha xincana de busca do tesouro.
As actividades desenvolveranse no Espazo Infantil os días 22, 23, 29 e 30 de decembro, e o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:00 horas.
O prazo de inscrición está aberto desde o 17 ata o 28 de novembro nas Oficinas Municipais do Concello de Barbadás.