Barbadás presenta a Cavernícola Race no Congreso Nacional de OCR

OurenseXa
A proba, que nos últimos anos superou os 450 participantes, terá lugar o 9 de maio
cavernicola-race-barbadas
20 Jan 2026

Por segundo ano consecutivo, Diego López, coordinador do Servizo Municipal de Deportes de Barbadás, e Miguel Soto, presidente do Club OCR Cavernícola, estiveron en Madrid representando a Cavernícola Race Barbadás na cuarta edición do Congreso Nacional de OCR.

A organización anunciou que nos próximos días abriranse as inscricións para a VII edición desta carreira de obstáculos, que se celebrará o sábado 9 de maio de 2026. A Cavernícola Race é unha das probas máis destacadas do municipio, que cada tempada atrae a centos de deportistas.

Desde o Concello lembran que a apertura do prazo anunciarase a través das redes sociais e os canais habituais, e tamén recomendan seguir as novidades na web de AOCO España.

Nas súas últimas edicións, a carreira superou os 450 participantes, o que reflicte a súa popularidade e o impacto positivo que ten na dinamización de Barbadás.

⚙ Configurar cookies
0.080514907836914