Barbadás reclamará á Xunta máis apoio económico para as asociacións que traballan con persoas con discapacidade

OurenseXa
A proposta saíu adiante cos votos favorables de PSdeG, DO, Partido Galego e BNG, e co voto en contra do Partido Popular
Pleno do concello de Barbadás
5 Nov 2025

O Concello de Barbadás solicitará á Xunta de Galicia un aumento na financiación destinada ás asociacións que traballan con persoas con discapacidade intelectual. Así o acordou o pleno municipal tras aprobarse unha moción impulsada polos grupos PSdeG e DO.

Desde o goberno local subliñan a importancia do labor que desenvolven estas entidades, tanto na atención directa como na inclusión social e laboral das persoas afectadas. A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, lamentou durante a súa intervención a falta de recursos e reclamou a apertura dun diálogo entre a administración autonómica e as organizacións do sector para buscar solucións.

A proposta saíu adiante cos votos favorables de PSdeG, DO, Partido Galego e BNG, e co voto en contra do Partido Popular.

Na mesma sesión, o pleno tamén aprobou por unanimidade unha moción do BNG sobre a necesidade de implantar un servizo de transporte metropolitano na comarca de Ourense. Ademais, déronse luz verde a outras iniciativas relacionadas co apoio ás persoas autónomas, a loita contra a violencia de xénero e a modificación da ordenanza sobre a taxa de abastecemento de auga potable.

⚙ Configurar cookies
0.073734045028687