Barbadás suma nove Espazos sen Fume grazas a un convenio coa Asociación Española Contra o Cancro

OurenseXa
Coa creación destes lugares libres de fume e aerosois, o Concello e a AECC buscan protexer á comunidade da exposición ao tabaco
espazo-libre-de-fume
16 Dec 2025

O Concello de Barbadás conta xa con nove Espazos sen fume e aerosois, froito do convenio de colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Estes espazos libres de tabaco e aerosois comprenden zonas emblemáticas do municipio como os arredores do CEIP Filomena Dato, o CEIP Ruxidoiro, o Paseo de Amieiros, o campo de fútbol municipal, o parque da Solaina, o Parque dos Patos, o Parque do Tren, así como os arredores da Casa da Cultura e da Casa do Concello.

A presentación desta iniciativa contou coa presenza do presidente da AECC, Germán Rodríguez-Saá, e do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, que destacaron a importancia destes espazos para avanzar cara a unha sociedade máis saudable.

Coa creación destes lugares libres de fume e aerosois, o Concello e a AECC buscan protexer á comunidade da exposición ao tabaco, desnormalizar o consumo de produtos de tabaco e aerosois, e apoiar a aquelas persoas que desexan deixar de fumar.

Desde a AECC expresaron o seu agradecemento ao Concello de Barbadás polo seu compromiso na loita contra o cancro e pola aposta na creación de espazos máis seguros e saudables para todas e todos.

⚙ Configurar cookies
0.091320991516113