Barra de Miño prepárase para acoller XIX Regata Pub Gaddafi

A localidade de Barra de Miño, en Coles, acollerá este domingo, 15 de setembro, a XIX Regata Pub Gaddafi dentro da Copa Deputación de piragüismo.
Consistirá nunha regata que contará coas categorías prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete. Desde prebenxamín a alevín cubrirán unha distancia de mil metros, os infantís dous mil metros e os cadetes catro mil metros. A localización escollida para a celebración da regata é en Barra de Miño, contando cunha lámina de auga practicamente ideal para o piragüismo. O inicio das competicións será ás 11:00 horas, finalizando a actividade coa entrega de medallas e trofeos ao redor das 14:00 horas.