O BNG demanda á Xunta a financiación dos servizos públicos financiados polos concellos de forma impropia

OurenseXa
“Os concellos deben consignar millóns de euros de fondos propios para financiar uns servizos doutras administracións en detrimento doutros servizos que si lles son propios”, sinalan dende o BNG
bng_Ourense_servizo
María Albert, Manolo Conde,María Mangana, Cristina Cid, Bernardo Varela, Noa Presas, Iago Tabarés
20 Mar 2024

Bernardo Varela e María Mangana, deputados do grupo provincial do BNG, xunto ao alcalde de Vilar de Barrio, Manolo Conde, a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid a alcaldesa da Rúa, María Albert e os deputados nacionalistas Noa Presas e Iago Tabarés, compareceron en rolda de prensa para dununciar a financiación  impropia que asumen  os concellos de servizos públicos  que son de competencia non municipal.   “Este é un tema central que supón un detraemento impropio e moi e importante de fondos municipais e sobre todo un abuso por parte da Xunta de Galiza e o Estado” sinalaba o voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela.

Neste sentido o voceiro do BNG no ente provincial anunciaba o traslado á vindeira sesión plenaria da Deputación de Ourense dunha moción na que se recolle a demanda  para que a Xunta de Galiza e  o Estado asuman o financiamento integro do de servizos como o SAF. Así como que a Xunta de Galiza  financie o 100 % dos gastos que os concellos están asumindo no eido sanitario e educativo. Especialmente os Centros de Día e as Galiñas Azuis, toda vez que esta  anunciou e asumiu a xeneralización da gratuidade 0-3 anos das escolas infantís porén só está a financiar integramente os custes das escolas infantís privadas.

A lei de  Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local establece que os servizos sociais non son responsabilidade da administración local, porén hai concellos nos que a día de hoxe se inviste o 50% en servizos sociais dos seus orzamentos municipais.

“Tras a entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL) o artigo 25.2 da LRBRL xa non inclúe a prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social entre as materias sobre as que os municipios exercerán competencias propias” sinalaba Varela a par que sinalaba que cabía lembrar que xa no ano 2006, con acordo de todas as forzas políticas representadas na FEGAMP e por ende dos Concellos, acadouse o chamado PACTO LOCAL, que recollía en boa medida a resolución de boa parte dos feitos anteriormente relatados, sen que ata o de agora se asumira por parte da Xunta de Galiza os compromisos daquela asinados.

Desde a organización nacionalista púxose algún exemplo, como o do SAF, no que cada concello é financiado con 12€/hora de SAF o que non cubre os 24€/hora que custa este servizo, nin as múltiples incidencias que xorden neste servizo, como son as baixas. “ As incidencias van contra o orzamento dos concellos, o que impide que outras competencias municipais sexan debidamente atendidas polos concellos.

Exemplo deste abuso dáse tamén cos Centros de Día, centros de saúde, ou centros escolares nos concellos nos que se atopen ubicados, onde os concellos deben asumir os gastos de limpeza, mantemento, e mesmo en casos da contratación de administrativos, gastos de teléfono, calefacción, toda unha serie de gastos impropios que están afogando aos concellos.

Para rematar Varela sinalou que a lei  que debe rexer para todo o que son servizos sociais indica que a cobertura levarase a cabo nun 50% pola Xunta e nun 50% polo Estado  porén nin Xunta nin Estado se fan cargo, e que o BNG agarda con esta moción é o cumprimento da lexislación vixente por parte de Estado e Xunta de Galiza.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18511891365051