BNG e PSOE continuarán presionando á Deputación para lograr que o CAPD de Ourense sexa de xestión pública
![pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso](https://ourensexa.com/wp-content/uploads/2024/04/pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso.jpeg)
Os grupos municipais do BNG e do PSOE presentarán este venres no Pleno da Deputación de Ourense unha moción conxunta para esixir a xestión pública e directa do CAPD de Ourense. Consideran que o CAPD é un servizo fundamental para as familias da cidade e lembran que, a pesar das reiteradas demandas por parte do persoal e das familias, a administración autonómica rexeitou o acordo acadado en 2016 para a xestión pública do centro.
Por iso, piden á Deputación que cumpra os compromisos adquiridos e ratifiquen a xestión pública e directa o CAPD. Lembran que este acordo foi subscrito por unanimidade dos grupos políticos presentes na corporación provincial nunha moción conxunta aprobada o pasado 20 de decembro titulada “Para o apoio e a xestión pública do CAPD de Ourense”.
Esixen tamén á Deputación que tome partido e defenda os interesas da provincia e da súa veciñanza, e piden ao goberno provincia que tome as medidas de presión oportunas dante da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con vistas desbotar o proceso de licitación da xestión do CAPD de Ourense e retomar o compromiso a prol da súa xestión pública e directa.