Cambios nos autobuses urbanos de Ourense debido ás obras na Estrada de Vigo

OurenseXa
Cinco liñas de autobuses urbanos de Ourense veranse afectadas ata novo aviso debido ás obras que se están a realizar na Estrada de Vigo
autobuses-urbanos-concello-ourense
Autobuses urbanos de Ourense
10 Xuño 2024

Con motivo do corte de tráfico na Estrada de Vigo, varios autobuses urbanos de Ourense veranse obrigados a modificar o seu percorrido ata novo aviso. Así, os autobuses farán o seu percorrido en sentido centro cidade desde a Travesía da Vía Vella-Nacional nº 120 e Euloxio Gómez Franqueira para continuar co seu traxecto habitual.

As paradas de autobús urbano máis próximas son nas Rúas Travesía da Vía Vella e Euloxio Gómez Franqueira.

As liñas con modificación no seu percorrido son:

  • 1. Seixalbo - Quintela
  • 3. Rairo - Quintela
  • 15. Santa Cruz - Parque de San Lázaro
  • C17. Fechos - Fonsillón
  • 33. Cumial - Quintela
0.19049787521362